Museo Massó

convídate a participar  o mércores 13 de xuño ás 21.00 h.

á presentación do libro

Ons, Ondas

Contarase coa presencia de  Xoán Rodríguez Rivas, responsable da  súa edición.
O libro recolle historias da familia Adán Lorenzo e relatos dos veciños da illa recompilados polos alumnos do IES Illa de Ons

O libro Ons, ondas, foi coordenado, corrixido e editado por Dora Siota López e Xoán Xosé Rodríguez Rivas, ambos os dous profesores de Lingua Galega e Literatura no IES Illa de Ons de Bueu partindo, por unha banda, da colección de historias sobre a illa de Ons, a pesca e a familia de Adán Lorenzo, que recibe o título de “Memoria de Adán”, e por outra banda dos relatos sobre o mar, a pesca e a navegación que alumnas e alumnos do IES Illa de Ons recompilaron entre os seus familiares. Esta segunda parte recibe o título de “Memoria do mar”, e está organizada segundo os mares ou espazos en que se desenvolven as historias (“As rías”, “Gran Sol”, “Terranova e Ártico”, etc.).
O libro foi publicado coa aportación económica do propio IES Illa de Ons e da Confraría de pescadores San Martiño de Bueu .
O deseño e maquetación é obra do artista plástico santiagués Santi Jiménez.

Comentarios