taller
interpretativo no museo
Blas de Lezo descobre os segredos da navegación no Museo
Massó
Con motivo da celebración o día 18
de maio do Día Internacional dos Museos, o Museo Massó vai levar a cabo un obradoiro interpretativo dirixido a todo
tipo de público. Os asistentes participarán nunha actividade lúdica de
aprendizaxe que pretende fomentar o disfrute da colección por medio dos
sentidos.
Guiados
polo histórico mariño da armada do rei Felipe V, Blas de Lezo, poderán descubrir os grandes misterios da
navegación e coñecer un dos diarios de a bordo pertencente á travesía que
realizou para reconquistar a cidade de Oran e combater os corsos no Mediterráneo no ano 1733 .
As catro sesións do obradoiro terán lugar os días:
Primeira sesión as 11.00 h.
Segunda sesión ás 12.15 h.
Sábado 26 de maio
Primeira sesión as 11.00 h.
Segunda sesión ás 12.15 h.
Cada sesión terá
unha duración de 60 minutos e o límite máximo de afluencia e de
20 persoas.
A
inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as 14.30
h. e entre as 16.00 e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo
electrónico museo.masso@xunta.es,
enviando un nome e telefono de contacto.
Comentarios
Publicar un comentario