Obradoiros de primavera

A partir do día 10 de abril no Museo Massó iniacimos o programa de obradoiros para escolares . As datas adaptaranse a disponibilidade dos centros de ensino que dexesen particpar.

Miradas ao ceo

Este obradoiro ten como obxectivo explicar o movemento da terra e as principias características e posicións das estrelas e planetas.

A vitrina do Tesouro

O alumno deberá coñecer por se mesmo e gracias á actividade en grupo o contido da sala da Navegación. A actividade consiste en atopar un “tesouro” necesariamente relacionado coas pezas que se amosan na sala.

Unha imaxe do mundo cambiante

Partindo dende a concepción medieval de que a Terra era plana chegamos á confirmación de que é redonda. O obxectivo é amosar cómo coas viaxes de descubertas e expedicións vai cambiando a faciana do planeta. Continentes, illas, mares descoñecidos van construíndo unha nova imaxe do planeta.

Polbos, baleas e sardiñas

O obxectivo da actividade é o acercamento a uns poucos exemplares da fauna mariña, o seu ecosistema, características e captura e explotación por parte do ser human.

O talleres adaptaranse ao deseño curricular dos niveis de Primaria, Secundaria e Bacharelato

A inscripción deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 donde serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de lunes a viernes, o a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nombre e un teléfono de contacto.

Comentarios