Rutas en barco pola Ría de Pontevedra


O Museo Massó organiza rutas en barco pola Ría de Pontevedra os días 11 e 12 de agosto

As rutas realizaranse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao
visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e colaborou na restauración coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó

Horarios

Mércores 11 e xoves 12 de agosto:

Pola mañá de 10.00-12.00 h e de 12,30-14,30 h.
Pola tarde de 16,30 h. -18.30 h.


Condicións

Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando aos teléfonos: 986 321 838 e 986 32 42 04, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e teléfono de contacto.


El Museo Massó organiza rutas en barco por la Ría de Pontevedra los días 11 y 12 de agosto

Las rutas se realizarán en el barco pesquero de madera denominado Chasula y tendrán un carácter didáctico con el objeto de ofrecer al visitante del museo una experiencia real que le permita tomar contacto directo con el medio en el que se desarrolla la actividad pesquera, conocer de cerca el sistema de explotación de las bateas, la pesca del pulpo, el reconocimiento de las señalizaciones marítimas y del entorno costero, y muy especialmente navegar en una embarcación que es un exponente de la carpintería de ribeira tradicional.

El Chasula es un barco pesquero de 14 metros construido en el astillero de O Freixo en 1958 que pescaba con el arte del cerco, y navegó durante varias temporadas por las costas del Cantábrico en busca del atún y bonito del norte. Su actual dueño y patrón, Isidro Mariño Cadarso, primer director de la Escola de carpintería de Ribeira de Marín, lo adquirió en 2003 y colaboró en la restauración con sus propias manos para convertirlo en un exponente del patrimonio marítimo gallego. Desde 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para más información sobre su actividad ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Salida desde el Museo Massó

Horarios

Miércoles 11 y jueves 12 de agosto:

Por la mañana de 10.00-12.00 h y de 12,30-14,30 h.
Por la tarde de 16,30 h. – 18.30 h.

Condiciones

Cada menor tiene que ir acompañado de un adulto
Se aconseja llevar calzado apropiado
Las salidas pueden ser modificadas dependiendo de la metereología
Máximo de 12 pasajeros por viaje

Inscripción

La inscripción es gratuita y deberá realizarse llamando a los teléfonos: 986 321 838 y 986 32 42 04, donde serán atendidos entre las 10.00 y las 20.00 h. de lunes a viernes, o bien a través del correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nombre y teléfono de contacto.

Comentarios