VISITAS GUIADAS

 

DESTINADAS: centros escolares e de formación, asociacións e outras entidades ou axencias.

CONDICIÓNS: reserva previa e un mínimo de 10 participantes.

INSCRICIÓN: no teléfono 886 151 101 entre as 10.00- 21.00 h de luns a venres ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.gal indicando se é visita guiada ou obradoiro didáctico ou ámbalas dúas actividades. Precisamos que nos indiquen o día, a hora, o número de participantes (tamén as idades no caso de ser escolares) e un nome e teléfono móbil de contacto. 

DURACIÓN: 1 hora aproximadamente, adaptándose ás necesidades do grupo.

VISITA GUIADAS:  

- Exposición permanente dedicada á conquista do mar e a explotación dos seus recursos

Mostra temporal Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeiraMostra na que se aborda a xénese e desenvolvemento histórico da vila de Bueu condicionada polo seu grao de implicación na explotación dos recursos do mar e, máis concretamente, na industria da conserva de peixe.

Visita temática “As mulleres e o mar”. Visita guiada centrada nos traballos femininos vinculados ao mundo do mar e a súa relevancia económica. Este tema abórdase desde unha perspectiva de xénero facendo fincapé na discriminación laboral en salarios, na nula promoción e na falta de recoñecemento polo seu traballo na empresa, na sociedade e no ámbito familiar.


Comentarios