23/06/16

CONCERTO



SÁBADO 2 DE XULLO ÁS 21.00 HORAS

 CONCERTO
ORGANIZADO POLA
 ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER



MÚSICA PARA VIOLONCHELO 
DOS SÉCULOS XVII E XVIII

Composicións musicais para violonchelo,
desde o nacemento do instrumento,
incluíndo sonatas de A. Vivaldi e L. Boccherini

Violonchelistas

Fernando Santiago García e Isabel Figueroa 



Fernando Santiago García
 
Estudiou violonchelo no Real Conservatorio 
de Música de A Haia (Países Baixos) obtendo 
en 2013 a licenciatura e mestrado con honores. 
En 2014 trasládase a Xapón para continuar
cos seus estudos de violonchelo barroco.
Colaborou con músicos e orquestras moi 
destacadas ofrecendo numerosos recitais en distintos países.
Fundador do Trio de la Haye e Ensemble Imperioso,
interpretou unha importante parte do repertorio
camerístico dos séculos XVIII e XIX con instrumentos
da época, incluíndo pezas de W.A. Mozart, L. van Beethoven, 
J.N. Hummel, F. Ries e F. Chopin en Italia e Países Baixos.

Isabel Figueroa

Profesora de violonchelo e música de cámara no
Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
Realizou os seus estudos de violonchelo
moderno e música de cámara no Conservatorio
Superior de Santiago de Compostela e na
Hogeschool voor de Kunsten Utrecht (Holanda)
e está graduada en música antiga pola ESMAE
de Oporto. Paralelamente ao seu traballo como
docente, desenvolve un gran labor camerístico
e é violonchelo principal da Orquestra Sinfónica
Vigo 430 e da Orquestra Barroca Vigo 430,
ademáis de tocar con agrupacións de música antiga.

  

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario