ALFOMBRA FLORAL



O Museo Massó  
participou na tradicional
festividade das alfombras florais 
de Bueu


O pasado domingo 29 de maio o Museo Massó 
participou,como ven sendo habitual,  
na xornada das alfombras florais do Corpus de Bueu
que conta cunha tradición de máis de 300 anos.

No tapiz floral do Museo Massó,
realizado na rúa diante da fachada do Museo,
representouse un deseño gráfico realizado
no ano 1940 para ilustrar unha das portadas da revista
Brújula. Revista Gráfica del Mar
que conserva o Museo na súa biblioteca

Comentarios