27/03/16






Bosquexo para lata de conservas e lata  con deseño atribuído a Federico Ribas (cara a 1920)

A gráfica e algúns deseños da marca Massó da década de 1920 destacan pola súa gran calidade e atribúense a Federico Ribas. A partir dos anos 30 Antonio Massó ponse á fronte do Departamento comercial. A súa afección polo mundo da creatividade levarao a supervisar as cuestións relacionadas coa imaxe e publicidade da empresa. Os deseños seguirán adoptando con grande éxito os novos estilos durante as próximas décadas, chegando a recibir en 1978 o premio á mellor imaxe de marca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario