06/05/14



Domingo 18 de maio

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O día 18 de maio e o Día Internacional dos Museos, con tal motivo o Museo Massó  levará a cabo unha serie de actividades entorno a unha peza singular da nosa colección. Este ano a peza seleccionada e a partitura manuscrita orixinal da Muiñeira opus 32 de Pablo Sarasate (1844-1908).  A peza  foi composta para violín e piano a finais do século XIX polo músico de sona internacional, e foi adaptada hai poucos anos a gaita por Xaime Estevez Vila e Anxo Gago para ser interpretada pola banda de gaitas Manxadoira de Bueu 

 A partir do día 13 de maio 
Mostra temporal
 Unha peza singular.  Muiñeira opus 32 de Sarasate
Abrirase ao público unha pequena mostra realizada gracias á colaboración do Museo de Pontevedra e a Deputación dedicada á partitura manuscrita da Muiñeira de Pablo Sarasate con referencias aos anos de infancia do músico en Galicia e a súa obra e transcendencia no ámbito musical internacional.
  
O día 18 de maio 
ás 12.00 h.
Obradoiro musical infantil A muiñeira de Sarasate  
dirixido a nen@s de 4 a 9 anos
Previa inscrición:
Teléfono 986321838 (luns a venres de 10- 20 h)
museo.masso@xunta.es

ás 13.00 h.
Sesión musical 
Á partitura de Pablo Sarasate Muiñeira opus 32  será interpretada ao violín por Ioana Pérez (profesora do Conservatorio Mayeusi)  e á gaita pola Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu.


Ningún comentario:

Publicar un comentario