04/04/12

A historia sumerxida de Bueu

O venres 20 de abril, as 20.00 h.

Conferencia de Yago Abilleira sobre o patrimonio histórico sumerxido nos fondos submariños de Bueu.

Os fondos sumariños de Bueu non so acollen unha gran cantidade e variedade de vida pois, durante séculos, foron acumulando vestixios da actividade humana. Dende antes da chegada de Roma ata os nosos días, e dende buques de guerra ata modestos pesqueiros foron deixando a súa pegada nas augas da zona. Ir vendo os segredos que garda o mar, coa pertinente explicación histórica, serán os obxetivos da ponencia de Yago Abilleira Crespo.

Yago Abilleira Crespo e membro do Club de Buceo Ons, é un investigador de Historia Naval. Publicou o libro "Los galeones de Vigo", sobre a Batalla de Rande, así como numerosos artigos acerca de naufraxios en toda Galicia. Asemesmo, colaborou como mergullador auxiliar nas campañas de Arqueoloxía Submarina de Cíes, Fisterra, Cangas, Estaca de Bares e a Mariña Lucense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario