ÁLBUM DE SINATURAS DEDICADO A MESTRA MATILDE BARES

No Museo Massó exponse o álbum de sinaturas que os veciños de Bueu entregaron como homenaxe á mestra Matilde Bares no ano 1933, cando contaba 80 anos de idade. O s veciños e veciñas de Bueu recoñecían así o seu labor docente e a axuda que prestou a quen emigraba a América para que puidesen valerse por si mesmos aprendéndolles a ler e escribir e coñecementos básicos de matemáticas.

A familia de Matilde doou ao Concello de Bueu o álbum e este acordou cederllo en depósito ao Museo Massó. Coa finalidade de conseguir identificar o maior número posible dos asinantes, ponse á disposición dos veciños a reprodución do álbum e solicítase a colaboración de toda aquela persoa que poida aportar datos sobre as sinaturas recollidas nel.

Comentarios