DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Con motivo da celebración o día 18 de maio do Día Internacional dos Museos, o Museo Massó, ten previsto levar a cabo unha serie de obradoiros dirixidos a alumnos de ensino primario e secundario e a familias.
O programa ten como obxectivo desenvolver unha actividade lúdica que permita aprender conceptos científicos básicos. Estes conceptos estarán relacionados con aqueles contidos da exposición permanente do Museo que fan referencia aos sistemas e métodos de orientación empregados ao longo da historia de navegación.


PROGRAMA DE OBRADOIROS CIENTÍFICOS DIRIXIDOS A ESCOLARES

Martes 18 de maio ás 11,30 h.
Aprendendo a manexar un cuadrante

Mércores 19 de maio ás 11,30 h.
Localizando a estrela polar

Mércores 26 de maio ás 11,30 h.
A forma da terra

Xoves 27 de maio ás 11,30 h.
O mapa do tesouro

PROGRAMA DE OBRADOIROS CIENTÍFICOS DIRIXIDOS A FAMILIAS

Sábado 22 de maio ás 11,30 h.
Construíndo un reloxo de sol

Sábado, 29 de maio ás 11,30 h.
Elaboración e interpretación dun planisferio celeste


Os obradoiros terán unha duración de 2 horas e o límite máximo de afluencia en cada sesión será de 25 persoas.
Poden atopar información no blog do Museo: http://www.museomasso.blogspot.com/.
A inscrición deberá realizarse polo menos con 10 días de antelación chamando ao teléfono:
986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as 14.30 h. e entre as 16.00 e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es , enviando un nome e telefono de contacto.


DESCRICIÓN DOS CONTIDOS DOS OBRADOIROS

Localizando a estrela polar.
A importancia da Estrela Polar no firmamento fai que sexa
preciso presentala debidamente. Xa que no ceo a estrela é visible a simple vista os nenos, a través dun planisferio posto na parede aprenderán o xeito de atopar esta estrela tan importante para a orientación dos navegantes xa que ao estar moi cercana ao eixo de rotación da terra, temos a sensación de que non se move, e de que sempre esta indicando unha dirección moi próxima ao norte xeográfico.
Esta actividade servirá tamén para traballar cálculos de alturas.

Aprendendo a manexar un cuadrante.
Construción dun astrolabio moi sinxelo, realmente un cuadrante, e aprender a manexalo. Con el aprenderán as bases para a orientación no océano. Comprenderán as bases da navegación astronómica e coñecerán os usos de cada aparello do museo.

A forma da Terra.
Aprender a mirar un mapa. Observar a evolución da cartografía na historia. A ciencia que nos permite saber que a Terra é unha esfera (máis ou menos), os xeitos de representar esta esfera tanto en forma de globo terrestre como en mapas plano. Contaremos con varios globos terráqueos que se poidan manipular e descubrirán os que hai no museo.

O mapa do tesouro.
Aprenderán a facer un mapa sinxelo cos seus propios símbolos e iconos. Ao poder enfrontar un mapa real co espazo do museo, poderán comprender conceptos como os de escala e representación sinóptica.

Construíndo un reloxo de Sol.
Un modelo sinxelo para os máis cativos, outro máis complexo para os maiores. Con esta actividade aprenderán a importancia de coñecer a hora no océano para orientarse correctamente. Os diferentes camiños do Sol no ceo. A diferencia entre a hora solar e a hora oficial.

Elaboración e interpretación dun planisferio celeste.
Axudados polas plantillas, que lles facilitaremos nós, poderán montar os seus propios planisferios. Amosarémoslle como interpretalo para que podan comprobar os diferentes ceos que se ven segundo as épocas do ano e a posición do observador.

Comentarios