17/08/09

REPRODUCCIÓN DO MASCARÓN DE PROA DO NAVÍO SAN TELMO



190 x 80 x 110 cm
Ca. 1950
Madeira tallada e policromada

Esta escultura é unha reprodución ideal do mascarón de proa do navío San Telmo, idéntica a outra conservada no Museo Naval de Madrid (inv. 5357). O citado Museo regaloulle unha reproducción da que teñen exposta a  Gaspar Massó para o Museo Marinero.  O santo aparece representado sobre a parte superior do tallamar do barco.
O navío San Telmo foi construído no arsenal de Ferrol en 1788 e contaba con dúas pontes e 74 canóns. Este barco participou en numerosas contendas e estivo asignado aos portos de Ferrol e Cádiz. En 1819 outorgóuselle a misión de reforzar as forzas españolas en Perú, e cara a alí partiu, ese mesmo ano, acompañado do navío Alejandro e a fragata Prueba. Entre setembro e outubro o navío San Telmo desapareceu, con 644 persoas a bordo, probabelmente cando intentaba dobrar o cabo de Fornos para chegar a terras peruanas. Pedro González Telmo -San Telmo- (Frómista ca.1180 -Tui, 1246), foi frade dominicano, capelán e confesor de Fernando III o Santo. Exerceu un importante labor evanxelizador en Asturias e Galicia, chegando a ser bispo de Tuy (cidade da que é patrón actualmente). Os mariñeiros das Rías Baixas adoptárono como santo protector, devoción que se estendeu polo cantábrico e no século XVII por Andalucía e mesmo algúns lugares de América. As tormentas en alta mar provocaban chispazos que se observaba por enriba dos mastros e que foi considerado polos mariñeiros como un sinal de protección do santo, sendo denominado este fenómeno como lumes de San Telmo.


_____________________________




Esta talla es una reproducción ideal del mascarón de proa del navío San Telmo, idéntica a otra que conserva el Museo naval de Madrid  (inv. 5357). El citado museo se la regaló a gaspar Massó para el Museo marinero. El santo aparece representado sobre la parte superior del tajamar del barco,.
El navío San Telmo fue construido en el arsenal de Ferrol en 1788 y contaba con dos puentes y 74 cañones. Este barco participó en numerosas contiendas y estuvo asignado a los puertos de Ferrol y Cádiz. En 1819 se le otorgó la misión de reforzar las fuerzas españolas en Perú, y hacia allí partió, ese mismo año, acompañado del navío Alejandro y la fragata Prueba. Entre septiembre y octubre el navío San Telmo desapareció, con 644 personas a bordo, probabelmente cuando intentaba doblar el cabo de Hornos para llegar a tierras peruanas.
Pedro González Telmo, –San Telmo- (Frómista ca.1180 -Tui, 1246), fue fraile dominico, capellán y confesor de Fernando III el Santo. Ejerció una importante labor evangelizadora en Asturias y Galicia, llegando a ser obispo de Tuy (ciudad de la que es patrono actualmente). Los marineros de las Rías Bajas lo adoptaron como santo protector, devoción que se extendió por el cantábrico y en el siglo XVII por Andalucía e incluso algunos lugares de América. Las tormentas en alta mar provocaban chispazos que se observaban por encima de los mástiles y que fueron considerados por los marineros como una señal de protección del santo, siendo denominado este fenómeno como fuegos de San Telmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario