XOIAS BIBLIOGRÁFICAS DO MUSEO vol.1

XOIAS BIBLIOGRÁFICAS DA COLECCIÓN DO MUSEO MASSÓ: Liber Chronicarum


Coñecido como a "Cronica de Nuremberg" o libro está considerado como obra de referencia entre os textos incunables polo elevado número de ilustracións que o acompañan, realizadas a partir das xilografías de Michael Wolgemuth, mestre de Durero, e William Pleydenwurff. Contén 1.809 gravados en madeira que representan os trazos históricos, relixiosos e mitolóxicos definidores do mundo. Así, aparecen pasaxes bíblicas, santas, mártires e milagres, retratos de reis e raíñas, actividades humanas e un amplo repertorio de vistas de cidades europeas. As imaxes cumpren unha función pedagóxica na que se trata de moralizar ao lector.

A Crónica foi o recurso máis empregado para facer historia durante a Idade Media e o Renacemento. O esquema que presenta divídese en "idades históricas" que inicia cun principio único a partir do cal se rexistran os demais feitos, pois o obxectivo da crónica é unir nunha soa obra o esplendoroso pasado do home, dun estado ou un país, glorificando a presenza de Deus. É unha especie de enciclopedia popular. Cada data sempre vai acompañada por un acontecemento, un nome memorable ou un fenómeno extraordinario.


Foi publicada en latín e en alemán. A edición latina saíu datada o 12 de xuño de 1493 e a alemá o 23 de decembro do mesmo ano. Suponse que ambas as dúas versións se foron preparando de xeito simultáneo. Os estudosos estiman que se fixeron entre 1.400 e 1.500 copias en latín e entre 700 e 1.000 en alemán, o catálogo da British Library sinala que na actualidade existen 552, dos cales hai 57 en España.

O autor: Hartmann Schedel (Nuremberg 1440-1514), estudou humanidades, física e medicina, profesión á que se dedicou.

Son chamados incunables (do latín incunabulae, berce) os libros impresos con tipos móbiles dende a aparición da imprenta ata o ano 1500 inclusive.

A xilografía (do grego xylón, madeira; e grafé, inscrición) é unha técnica de impresión con prancha de madeira. O texto ou a imaxe desexada tállase a man cun cicel ou buril na madeira. A continuación imprégnase con tinta e preméndoa contra un soporte (como o papel) obtense a impresión do relevo. As madeiras máis adecuadas para realizala son a de boj, a de cerdeira ou a de pereira.
Ficha do museomassó:

PO(V)-MM Sen sign CBG200300058580269
Schedel, Hartmann
Liber chronicarum. - Norimbergae : Antonius Koberger, 12 julio, 1493. - x p. ; Fol.
H.C., 14508. - Pol., 3469(+Supl.). - BMC., II,437. - IGI., 8828(+Supl.). - Goff, S-307(+Supl.1972). - IBP., 4941. - CIH., 3039. - IDL., 4060. - IBE, 5179 I.Titulo.
........................................
JOYAS BIBLIOGRÁFICAS DE LA COLECCIÓN DEL MUSEO MASSÓ:
Liber Chronicarum
Conocido como la "Cronica de Nuremberg el libro está considerado como obra de referencia entre los textos incunables por el elevado número de ilustraciones que lo acompañan, realizadas a partir de las xilografías de Michael Wolgemuth, maestro de Durero, y William Pleydenwurff. Contiene 1.809 grabados en madera que representan los rasgos históricos, religiosos y mitológicos definidores del mundo. Así, aparecen pasajes bíblicos, santos, mártires y milagros, retratos de reyes y reinas, actividades humanas y un amplio repertorio de vistas de ciudades europeas. Las imágenes cumplen una función pedagógica en la que se trata de moralizar al lector.La Crónica fue el recurso más empleado para hacer historia durante la Edad Media y el Renacimiento. El esquema que presenta se divide en "edades históricas", que inicia con un principio único a partir del cual se registran los demás hechos, pues el objetivo de la crónica es unir en una sola obra el esplendoroso pasado del hombre, de un estado o un país, glorificando la presencia de Dios. Es una especie de enciclopedia popular. Cada fecha siempre va acompañada por un acontecimiento, un nombre memorable o un fenómeno extraordinario. Fue publicada en latín y en alemán. La edición latina salió datada el 12 dejunio de 1493 y la alemana el 23 de diciembre del mismo año. Se supone que ambas versiones se fueron preparando de manera simultánea. Los estudiosos estiman que se hicieron entre 1.400 y 1.500 copias en latín y entre 700 y 1.000 en alemán, el catálogo de la British Library señala que en la actualidad existen 552, de los cuales hace 57 en España. El autor: Hartmann Schedel (Nuremberg 1440-1514), estudió humanidades, física y medicina, profesión a la que se dedicó.Son llamados incunables (del latín incunabulae, cuna) los libros impresos con tipos móviles desde la aparición de la imprenta hasta el año 1500 inclusive.La xilografía (del griego xylón, madera; y grafé, inscripción) es una técnica de impresión con plancha de madera. El texto o la imagen deseada se talla a mano con un cincel o buril en la madera. A continuación se impregna con tinta y presionándola contra un soporte (como el papel) se obtiene la impresión del relevo. Las maderas más adecuadas para realizarla son la de boj, la de cerezo o la de peral.
Ficha del museomasso:
PO(V)-MM Sen sign CBG200300058580269
Schedel, Hartmann
Liber chronicarum. - Norimbergae : Antonius Koberger, 12 julio, 1493. - x p. ; Fol.
H.C., 14508. - Pol., 3469(+Supl.). - BMC., II,437. - IGI., 8828(+Supl.). - Goff, S-307(+Supl.1972). - IBP., 4941. - CIH., 3039. - IDL., 4060. - IBE, 5179 I.Titulo.
...................

Comentarios

  1. Me alegro mucho de que el Museo tenga una herramienta dinámica para mejorar su visibilidad.

    Me encanta que le hayais dedicado una entrada (espero que vengas más) a los fondos de mi sala favorita.

    Ánimo y a seguir con ello.

    ResponderEliminar
  2. Boa iniciativa.
    Sería posible que as imaxes poidesen verse en gran formato? Son libros en dominio público e por tanto non hai dereitos vixentes sobre eles.
    E creo que tamén sería bo que destacasedes as pequenas publicacións, non tan famosas, pero seguro que con información dificil de atopar.

    ResponderEliminar
  3. Amigo anónimo(2) claro que estes son libros de dominio público e podes consultalos dixitalizados, por exemplo: facendo unha buqueda dentro de Goolgle Books; faremos máis entradas sobre os interesantes libros do Museo Massó

    ResponderEliminar

Publicar un comentario