25/03/09

VIII REGATA MUSEO MASSÓ


O pasado fin de semana celebrouse en augas da Ria de Pontevedra a derradeira xornada do Campionato Galego de Vaurien Trofeo Museo Massó, organizada polo náutico de Beluso e co patocinio e colaboración do Museo Massó.

A xornada do Domingo con ventos do nordés de entre 12 e 18 nudos foi a máis espectacular da regata e onde se mostrou o potencial das embarcacións de vaurien con probas moi rápidas protagonizadas por espectaculares planeadas na baía de Beluso, Bueu.

O barco do RCN de Vigo patroneado por Pablo Cabello con Xavier Lago de proel conqueriú o título de campión galego, seguidos por Xaime y Alfonso Leirós do RCN de Sanxenxo. Na categoría xuvenil o triunfo foi para Antonio Pérez e Iria Eguía tamén do RCN de Vigo, que ademáis acadaron o terceiro posto na categoría absoluta. Na categoría feminina o triunfo foi para María Campos e Edurne Tamayo do RCN de Rodeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario